Mármore sepia
1922
28x27x17 cm
Colección particular
Representa o primoxénito do artista poucos meses despois de nacer. Do mesmo xeito ca outras obras, a parte inferior está rudamente traballada, o que lembra os modelos impresionistas, que contrasta coa cabeza, traballada sutilmente e cun grande cariño. Emana pureza e candidez.
Na base aparece a sinatura e a data.
É a primeira dunha serie de cabezas infantís que Asorey fai para a poxa organizada polo Padre Rubinos para o seu orfanato coruñés. A idea era vender este tipo de cabezas de nenos para recadar fondos. Moitos autores participantes neste proxecto seguen, en canto á execución, o modelo proposto por Asorey.