Papel
1922
25x20x2,5 cm
Colección particular
Debuxo en lapis negro sobre papel que Asorey fai do seu primoxénito cando este contaba 20 meses de idade. O debuxo está realizado con grandes trazos e resulta moi expresivo.
Nos ollos, o trazo faise curto e concéntrase para lograr definición.
Aparece asinado á dereita "F. Asorey", mentres que á esquerda o autor escribe: "Mi hijo Paco a los XX meses. 4 octubre 1922".