PAISAXE

Óleo sobre táboa

1903

34x22,5 cm con marco

Colección particular

Obra de mocidade que Asorey fixo antes do seu traslado a Sarriá, Barcelona.

É unha paisaxe de tipo costumista en que se representa unha rúa con casas baixas. Na porta dunha das casas pódense contemplar dúas figuras femininas que aparecen en actitude de conversar. Nun plano traseiro, á esquerda, destaca a torre dunha igrexa.

Está asinado e datado.