NENO GALEGO

Escaiola

1926

49x22x25 cm

Colección particular. Santiago

Retrato infantil de Don José Luís Ponte Domínguez, de enorme suavidade no traballo. Nesta etapa os bustos, sobre todo os infantís, revelan unha clara inspiración no renacemento italiano. A escaiola vólvese unha superficie similar ao mármore, case con textura esvaradía, que dá como resultado un efecto de enorme realismo e inxenuidade infantil, características do rostro. O rostro semella que xorde da base, con formas ondulantes, nas que aparece a data e a sinatura de Asorey.