Madeira policromada
Ca. 1938
85x130x5 cm
Colección particular
Óvalo marcadamente pronunciado concibido para decorar un cabezal de cama.
Trátase dun baixorrelevo de madeira lixeiramente policromada sen estucar, de feito está
inacabado.
É unha escena chea de movemento, marcada por dúas figuras paralelas en horizontal pero
contrapostas, a de Cristo e a de San Francisco.
San Francisco aparece xacente, cun rostro demacrado pero sereno, enmarcado pola aureola. Viste o hábito franciscano, cuxo cordón aparece por diante da figura sostido por tres paxaros a cada lado. Os brazos están estendidos e deixan ver as mans, nas cales se aprecian os estigmas.
A figura de Cristo recólleo amorosamente. O rostro, de expresión serena, enmárcase coa coroa de espiñas e coa aureola.
Á esquerda entrevese a igrexa de Asís, mentres que a dereita da escena déixanos ver unha
paisaxe propia do renacentismo italiano.